Open ClipArts

Open ClipArts é un portal para descargar todo tipo de imaxes prediseñadas en formatos SVG ou PNG.

Open-ClipArts 

Este sitio conta no seu haber con máis de 34.000 imaxes, todas elas clasificadas por categorías que van desde animais ata bandeiras pasando por mapas, caras, flores, xente, bordos, caricaturas, etc.

Si desexas colaborar no proxecto, tamén podes subir as túas creacións ao portal, aínda que previamente os seus responsables deberán de valoralas e clasificalas por ti. Pero para realizar o anterior paso, primeiro teremos que pasar por un rexistro bastante curto, no que haberemos de introducir os nosos datos persoais básicos.

Un bo servizo para todos aqueles que están buscando un icono, por exemplo, para o seu avatar e non atopan nada que lles guste.

URL: www.openclipart.org

Star Textures

Star Textures permítenos descargar miles de texturas para as nosas creacións gráficas.

Star Textures

Todas as texturas que podemos atopar neste portal son totalmente gratuitas e de alta calidade, clasificadas por categorías e etiquetas.

Para utilizar Star Textures, simplemente debemos entrar no sitio web, buscar a textura que desexamos para o noso deseño e entrar ao perfil , onde atoparemos un botón para descargar.

Para descargala poderemos elixir entre varias resolucións de pantalla, entre elas están: 492 X 328, 1600 X 1067 e a máis grande de 3888 X 2592.

URL: startextures.com

WallpaperWide

WallpaperWide é un directorio que nos permite atopar fondos de escritorio, todos eles clasificados mediante categorías.

 Wallpaperswide

Os wallpapers que hai neste directorio están en diferentes resolucións, tanto para monitores como para móbiles.

A súa utilización é bastante sinxela, non fai falta rexistro, navegamos polas categorías que máis nos interesen e facemos clic no wallpaper, a continuación apareceranos a ficha, eliximos a resolución a utilizar e presionamos o botón download.

URL: wallpaperswide.com

GrungeTextures

Unhas 1500 texturas gratis para descargar en alta resolución.

Grungetextures

En GrungeTextures atoparemos unha colección de case 1500 texturas clasificadas por categorías, cunha resolución excelente e cunha licenza que nos permite o seu uso gratuito para fins non comerciais.

URL: www.grungetextures.com

Android Freeware Directory

Aplicacións para Android que podes descargar gratis.

Un directorio que ten case 800 aplicacións gratuitas clasificadas por categorías para os dispositivos móbiles  co sistema operativo Android. Os programadores poden engadir as súas propias aplicacións para permitir a súa distribución por todo o mundo.

URL: www.androidfreeware.org