Blackbeard’s Assault

Xullo 25th, 2009

Este é un xogo ao estilo Zuma pero ambientado na época dos piratas.

Debemos destruír as bólas que hai no camiño antes de que cheguen ao final, para destruílas debemos disparar cos nosos canóns bólas de cores e formar grupos de tres ou mais do mesma cor.

Blackbeard's Assault

Clic aquí para xogar a Blackbeard’s Assault

Redstar Fall

Xullo 25th, 2009

No xogo Redstar Fall debemos facer caer a estrela vermella sobre a plataforma, facendo desaparecer as outras pezas pero por orde, e respectando as leis da física, en especial a gravidade. A partir duns poucos niveis aparecen novas pezas e o reto complícase; en ocasións o que parece imposible resólvese con liquidar de forma rápida e por orde as pezas adecuadas, sempre en precario equilibrio.

Para eliminar unha peza debemos facer clic sobre a mesma, pero non podemos borrar outra ata que pasen uns segundo, o que nos pode complicar un pouco o conseguir o noso obxectivo.

Redstar Fall

Clic aquí para xogar a Redstar Fall

Bridgecraft

Xullo 24th, 2009

En Bridgecraft debemos construír pontes para que os personaxes poidan cruzar dunha illa a outra. Para iso debemos unir as diferentes pezas que dispoñemos e facer unha ponte resistente, pero tamén temos de orzamento, que limita o numero de pezas que podemos utilizar.

Temos 70 niveis que debemos pasar para terminar o xogo.

bridgecraft

Clic aquí para xogar a Bridgecraft

Little Wheel

Xullo 24th, 2009

O xogo Little Wheel consta dun total once escenas nas que debemos resolver puzzles e pequenos retos, para conseguir volver acender o xerador que lle de vida aos robots.

Este xogo esta moi coidado gráficamente e cunha boa música, non resulta demasiado complicado. Ademais, si necesitamos algunha axuda só temos que pulsar o botón “walkthrough” que hai na esquina superior dereita para ver as diversas pistas de cada nivel.

Little Wheel

Clic aquí para xogar a Little Wheel

Catastrophic Construction

Xullo 23rd, 2009

O xogo de Catastrophic Construction é simple, coloca as pezas na zona marcada por puntos para formar unha estrutura. Debes ter precisión co ratón.

A simulación de gravidade e choques é moi bo e calquera exceso co ratón págase. En total hai tres niveles de dificulatad con distintos niveis en cada un que hai que completar no menor tempo posible. Si cando terminas miras os récords doutros xogadores non desesperes.

catastrophic construction

Clic aquí para xogar a Catastrophic Construction