Posts Tagged ‘Fisica’

Dynamic Systems

Mércores, Xullo 29th, 2009

Dynamic Systems é un adictivo xogo da física. Usa a túa lóxica e habilidade para completar e corrixir as estruturas rotas para que a bóla caia dentro do cubo de metal . O xogo ten 40 niveis, todos diferentes.

Para xogar debemos arrastrar os obxectos desde o panel da esquerda e colocalos no lugar correcto para guiar a bóla ata o cubo. Despues debemos facer clic en “Start” para poñer en funcionamento a bóla.

Dynamic Systems

Clic aquí para xogar a Dynamic Systems

Demolition City

Domingo, Xullo 26th, 2009

Si sempre quixeches voar polo aire edificios, leste é o teu xogo. En Demolition City debemos demoler edificios empregando explosivos, pero ollo, non podemos colocalos sen máis. Temos un numero limitado deles e debemos colocalos de certo xeito para que logo os escombros non excedan certa altura.

Demolition City

Clic aquí para xogar a Demolition City

Redstar Fall

Sábado, Xullo 25th, 2009

No xogo Redstar Fall debemos facer caer a estrela vermella sobre a plataforma, facendo desaparecer as outras pezas pero por orde, e respectando as leis da física, en especial a gravidade. A partir duns poucos niveis aparecen novas pezas e o reto complícase; en ocasións o que parece imposible resólvese con liquidar de forma rápida e por orde as pezas adecuadas, sempre en precario equilibrio.

Para eliminar unha peza debemos facer clic sobre a mesma, pero non podemos borrar outra ata que pasen uns segundo, o que nos pode complicar un pouco o conseguir o noso obxectivo.

Redstar Fall

Clic aquí para xogar a Redstar Fall