Posts Tagged ‘Habilidade’

I Love Traffic

Venres, Agosto 7th, 2009

Con este xogo debemos dirixir o trafico en varios cruces empregando semáforos.

En I Love Traffic debemos cambiar os semáforos poñéndoos en vermello ou verde, segundo conveña, para controlar o paso de vehículos pero debemos evitar que haxa accidentes e tamén se acumule gran cantidade de vehículos esperando que se poña verde.

I Love Traffic

Clic aquí para xogar a I Love Traffic

Blackbeard’s Assault

Sábado, Xullo 25th, 2009

Este é un xogo ao estilo Zuma pero ambientado na época dos piratas.

Debemos destruír as bólas que hai no camiño antes de que cheguen ao final, para destruílas debemos disparar cos nosos canóns bólas de cores e formar grupos de tres ou mais do mesma cor.

Blackbeard's Assault

Clic aquí para xogar a Blackbeard’s Assault

Catastrophic Construction

Xoves, Xullo 23rd, 2009

O xogo de Catastrophic Construction é simple, coloca as pezas na zona marcada por puntos para formar unha estrutura. Debes ter precisión co ratón.

A simulación de gravidade e choques é moi bo e calquera exceso co ratón págase. En total hai tres niveles de dificulatad con distintos niveis en cada un que hai que completar no menor tempo posible. Si cando terminas miras os récords doutros xogadores non desesperes.

catastrophic construction

Clic aquí para xogar a Catastrophic Construction

Crush the Castle

Mércores, Xullo 22nd, 2009

Crush the Castle é o típico xogo de lanzar obxectos co ratón para destruír algo. Neste caso trátase de lanzar pedras cun fundíbulo contra un castelo, e o resultado respecta as nocións básicas da física. Para avanzar de nivel temos que ir esnaquizando os diversos castelos nun mapa. Para disparar temos que facer un clic co ratón para poñer en marcha o fundíbulo e outro no momento de lanzar as pedras.

Crush the Castle

Clic aquí para xogar a Crush the Castle

Bongo Balls

Domingo, Xullo 19th, 2009

Neste xogo debemos axudar ao mono a eliminar as bólas antes de que estas chegan ao final do seu camiño. Para iso debemos apuntar e disparar a bóla do noso canón para formar grupos de tres ou máis.

Bongo Balls

Clic aquí para xogar a Bongo Balls