Non podía faltar o famoso xogo de Tetris.
En Tetris Friends atopardes unha chea de variantes do clásico xogo, entre elas versións que premian puntuar o máximo en dous minutos (Ultra), completar 40 liñas no menor tempo posible, ou tamén unha variante do xogo interactivo que hai para 2, 4 e ata 6 xogadores, contra os que se compite limpando rápido as liñas e «enviándollas» en forma de regalito para complicarlles a tarefa.







