Antonov

Antonov é un Complexo Científico/Técnico Aeronáutico (en idioma ucraniano: Авіаційний науково-технічний комплекс імені Антонова, АНТК ім. Антонова) e compañía diseñadora e fabricante de aeronaves e proveedora de servizos aeronáuticos con base en Kiev, Ucrania (desde 1952) (prefixo da súa oficina de deseño, An) con particular experiencia no campo da construción de aeronaves de grandes dimensións, tanto para uso comercial (carga e pasaje) como para defensa.

Historia

O nome da compañía vén de enxeñeiro ucraniano que a fundou o 31 de maio de 1946, e principal diseñador do An-2, An-24, An-22 e outros lendarios avións. É unha empresa de propiedade estatal.

A compañía carece das instalacións necesarias para a construción total dalgunhas naves, como resultado das restricciones impostas polo goberno central da Unión Soviética que repartía a construción da industria militar entre diferentes rexións da URSS. Tal distribución minimizou os riscos de guerra interna, e evitaba que as repúblicas desenvolvesen a súa autosuficiencia económica. Dado isto, os avións Antonov eran con frecuencia construídos por compañías en Jarkov (Ucrania), Novosibirsk (Rusia), e Tashkent (Uzbekistán).

Produtos

Os avións Antonov van desde o desgarbado Antonov An-2, (biplano demasiado grande para ser biplano), o avión de recoñecemento Antonov An-28, ata os enormes estratéxicos Antonov An-124 e Antonov An-225 (este último o maior avión xamais construído e o maior en servizo, verdadeiro xigante dos ceos). Outros menos famosos serven como transporte de pasaxeiros de curto, mediano e longo alcance, especialmente en Rusia e Europa Oriental. O An-70 exteriormente aseméllase ao Airbus A400M.

As actividades do complexo Antonov inclúen:

  • Deseño e construción de aeronaves.
  • Transporte de carga (Aerolíneas Antonov).
  • Mantemento e mellora de aeronaves.
  • Apoio en Ingeniería aerospacial.
  • Operación do Aeroporto Antonov.
  • Deseño e construción de trolebuses.

Web oficial: Antonov


  • Share/Bookmark