Antonov An-225 Mriya
O Antonov An-225 Mriya (Антонов Ан-225 Мрія, designado pola OTAN co nome de: Cossack) é un avión de transporte aéreo táctico máis grande do mundo fabricado por Antonov (un Complexo Científico/Técnico Aeronáutico e compañía diseñadora e fabricante de aeronaves e proveedora de servizos aeronáuticos con base en Kiev, Ucrania).
O seu deseño, construído para transportar a lanzadera Buran, foi unha extensión do Antonov An-124. Mriya (Мрія) significa «soño» (no sentido da inspiración) no idioma ucraniano.

Cun peso máximo de 640 toneladas, o An-225 é o avión máis pesado do mundo. e tamén é o máis grande do mundo. O avión é tamén máis grande que o Airbus A380 (que é o avión de transporte de pasaxeiros mais grande do mundo), o C-5 Galaxy ou o Boeing 747-400.
En novembro de 2004, a FAI (Federación Aeronáutica Internacional) colocou ao An-225 no Libro Guinness dos Récords cos seus 240 marcas.
Desenvolvemento
O An-225 foi deseñado para o programa espacial soviético como un reemplazo do Myasishchev VM-T. Podía transportar os foguetes impulsores do Enerxía e o transbordardor espacial Buran, tendo unha misión similar ao Airbus Beluga e o Shuttle Carrier Aircraft.
O avión era un sucesor do An-124. Para alcanzar os requisitos da súa nova tarefa, engadíronselle extensións ao fuselaje tanto a proa como popa das ás, que recibían as raíces alares. Engadíronselle dous motores turbofan máis Lotarev D-18 ás novas raíces alares, sumando un total de seis e modificouse o tren de aterrizaje cun total de 32 rodas. Elimináronse a porta e rampa traseiras para aforrar peso e transformouse a cola dun único estabilizador vertical a unha cola dobre cun estabilizador horizontal de grandes dimensións. A cola dobre era unha necesidade para poder levar grandes cargas no exterior que perturbarían a aerodinámica dunha cola convencional. A diferenza do An-124, o Mriya non foi deseñado para transporte táctico nin operar en pistas curtas. Ademais, aínda nas pistas longas ten dificultades para operar, xa que ao despegar crea unha enorme perturbación no aire que provoca violentos torbellinos, de forma que o primeiro avión que queira despegar tralo Mriya debera esperar quince minutos. Por iso, o An-225 adoita frecuentar as pistas mais tranquilas, e así evita "entorpecer" o frenético ritmo de despegues e aterrizajes dos grandes aeroportos.
O An-225 realizou o seu primeiro voo o 21 de decembro de 1988. Comezáronse a fabricar dous avións, pero só se completou un. Pode levar cargas moi pesadas, de ata 250 toneladas no interior ou 200 toneladas na parte superior do fuselaje. As cargas externas poden medir ata 70 metros de lonxitude. O segundo avión foi parcialmente construído a finais dos anos 1980, en conexión co programa espacial soviético.
Trala desaparación da Unión Soviética e a cancelación do programa Buran, o An-225 operativo foi almacenado. Retiráronse os seis motores Lotorev para utilizalos nos An-124 e o segundo An-225 case completo e sen motores tamén foi almacenado.
Servizo operacional
En 1989, a oficina Antonov estableceu a compañía Antonov Airlines con base en Kiev (Ucrania) e operando desde o aeroporto de Londres-Luton en sociedade con Air Foyle HeavyLift. A compañía comezou as súas operacións cunha flota de catro An-124-100 e tres An-12, pero a finais dos anos 1990 necesitaba un avión máis grande que o An-124.
Como resposta a esta necesidade, o An-225 orixinal foi equipado con novos motores para o transporte de cargas pesadas e entrou en servizo baixo a xestión de Antonov Airlines. O 23 de maio de 2001, o An-225 recibiu o certificado tipo da Interstate Aviation Committee Aviation Register. O primeiro voo comercial saíu de Stuttgart con dirección a Thumrait (Omán) o 3 de xaneiro de 2002 con 187,5 toneladas de comidas preparadas. Por entón o An-225 converteuse na besta de carga da flota de Antonov Airlines, transportando obxectos como locomotoras ou xeradores de 150 t, ademais de converterse nun recurso valorado para as organizacións de axuda internacional pola súa capacidade de transportar grandes cantidades de provisiones de urxencia durante operacións de axuda en desastres.
Cara a 2000 a demanda do An-225 excedía as capacidades da aerolínea e en setembro de 2006 tomouse a decisión de completar o segundo An-225. Isto levarase a cabo no 2008. A comezos de xuño de 2003, o An-225 xunto cos An-124 entregaran 800 t de equipo para axuda humanitaria en Iraq.[8] O avión foi contratado polo goberno estadounidense para transportar equipo militar a Oriente Medio en apoio á forzas de coalición
Especificaciones
Características xerais
- Tripulación: 6.
- Carga: 250.000 kg (550.660 libras).
- Lonxitude: 84 m.
- Envergadura: 88,40 m.
- Altura: 18,10 m.
- Superficie alar: 905 m².
- Peso baleiro: 175.000 kg.
- Peso máximo de despegue: 640.000 kg.
- Planta de poder: 6× turbofan ZMKB Progress D-18, de 229 kN de empuxe cada un.
Rendemento
- Velocidade máxima operativa (Vno): 850 km/hora.
- Velocidade crucero (Vc): 750 km/hora.
- Alcance en voo: 4.000 km con carga máxima.
- Alcance en ferry: 14.000 km.
- Teito de servizo: 33.000 pés (10.000 m).
- Carga alar: 662,9 kg/m².






